Aviso: ⚠️ En ningún caso solicitaranse datos fóra da aplicación desta web. Desde Bonos Corazón Compostela NUNCA se realizan chamadas nin se envían SMS con links para instalar aplicacións ou solicitar claves e demáis datos comprometidos. Ante este tipo de situacións, contacta connosco no 981 542 492 e evita fraudes.
O programa de Bonos Corazón Compostela é unha iniciativa do Concello de Santiago para incentivar a actividade económica mediante o cofinanciamento de bonos para o consumo no comercio e na hostalería local.
Cada cliente poderá descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído) cofinanciados nun 40% polo Concello de Santiago e nun 60% pola persoa solicitante, esto é: 20 € ponos o Concello e 30 € a persoa usuaria.
O importe dos bonos irase consumindo nas compras de bens ou de servizos que se realicen nos establecementos adheridos ao programa antes do 16 de xuño ás 22:00 h., ou ata esgotar o saldo.
Todos os establecementos comerciais e de hostalería (pemes ou autónomos) que teñan a sede da súa actividade no municipio de Santiago de Compostela e cumpran, ademáis, os seguintes requisitos:
Entra aquí e rexistra o teu negocio indicando os seus datos.
As persoas beneficiarias dos bonos pagarán as súas compras no establecemento cun código QR a través da aplicación do programa.
Os comerciantes e hostaleiros adheridos ao programa recibirán semanalmente, na conta bancaria indicada para tal efecto na inscrición, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu negocio.
O importe máximo que poderá trocar cada establecemento é de 15.000,00 € (IVE incluído). Este límite máximo vai referido á parte subvencionada polo Concello (é dicir o 40% do bono), non ao importe total da venda.
A través da plataforma do programa, cada negocio asociado poderá consultar o seu histórico de vendas, os pagamentos realizados e demáis detalles de cada operación.
O prazo de adhesión manterase aberto dende o 14 de maio ata o 14 de xuño de 2025, pero rexístrate canto antes para que os teus clientes poidan trocar os seus bonos!
Entra aquí e rexístrate indicando os teus datos. Unha vez validada a solicitude e verificada a achega do cofinanciamento, poderás descargar os teus bonos en formato dixital a través dun código QR que estará dispoñible para a súa utilización na APP Wallet. Se prefires solicitalos de maneira presencial, deberás pedir unha cita a través do enderezo de email comercio@santiagodecompostela.gal ou no teléfono 981 542 492.
Calquera persoa pode beneficiarse do programa. Non é preciso que estea empadroada en Santiago. O único requisito é ser maior de idade.
O prazo de descarga comenza o 16 de maio ás 9:30 e remata o 16 de xuño de 2025 ás 22:00 h., salvo esgotamento previo do seu saldo. Rematado o período de validez, o bono non trocado caducará. A caducidade do bono leva consigo a perda da totalidade do saldo remanente non consumido, sen poder instar a súa devolución. Así que non esquezas trocar os teus bonos antes de que finalice este prazo.
No momento de pagar deberás presentar o teu bono a través da aplicación móbil do programa. O importe de cada compra ou servizo adquirido irase descontando do saldo inicial de 50 €. Podes esgotalo nun só acto de consumo ou en varios, no mesmo ou en diferentes establecementos adheridos.
A listaxe de establecementos comerciais e de hostalería adheridos ao programa será publicada aquí co seu nome e localización.
Así mesmo, todos lucirán no exterior carteis e adhesivos coa imaxe do programa para indicar que alí podes trocar os teus bonos.
Nese caso, podes aplicar o importe do bono a outra compra de prezo igual ou superior ou trocalo por un vale sen caducidade. Non está permitido devolver en efectivo nin a través de tarxeta de crédito importes pagados cos bonos.